http://www.aregueifa.net/grupoh/Grupoh%20-%20Galitronica%20EP%20%282008%29/01%20-%20Grupoh%20%20-%20Lobishome.mp3
Dende terras lucenses chega GRUPOH, un dúo quere fundar un novo estilo, un novo xeito de facer música: a GALITRONICA. Nas súas palabras, “un album resultado dun profundo mergullo no folklore, onde todas as cancións estan baseadas en estruturas tradicionais, con letras extraidas da realidade cotiá do rural, de conversacions cos maiores e influídas pola sci-fi e a no wave americana”. Ahi queda iso.
A Galitronica busca a sua principal referencia en “vigo, capital lisboa” por identificacion dos seus creadores co vangardista e transgresor espiritu que animaba a “os resentidos”
No seu disco de 1984 “os resentidos” abrian a musica feita en galego ao rock, buscando un nova linguaxe para a creatividade galega cun disco velente e experimetal a partes iguais Cualificado pola crítica de decisivo para a musica contemporanea en galego é convertido en emblematico pola historia, a sua repercusion é enorme e todavia hoxe segue a atraer a moita xente do mundo do rock e do pop á musica en galego, con gaitas pandeireta e un forte sentimento de identidade.
Coa Galitronica Grupoh dá un paso similar pero dende a outra beira, atopando un nova linguaxe para a musica electronica en galego ao abrir seu expresion á tematica costumbrista e o desacougo adolescente. Acadanno porque non alteran o vocabulario que lles é natural nin incorporan sons de forma superficial… aqui non hai gaitas, nin aturuxos, nin ambientes bucolicos, son grupoh!! coa sua electronica experimental, pero no fondo ten incrustado o perenne belisco de musica tradicional: as tematicas do desamor, a morriña, e a fondura do sentimento, non é unha fusion de estilos senón a venda dunha alma na busca das mais altas cotas de vangarda local
Pode que algúns tarden en entendelo pero galitronica este destinado a converterse en referencia emblematica, nun portal para novas dimensións sonoras que só poden xurdir desde aqui: a musica en galego do S. XXII
A banda ten publicado en aregueifa plataforma o seu debut “galitrónica”
